Banner Narracion Curta XVI

Un total de 17 persoas fórmanse como carretilleiros no Polígono Industrial Curtis-Teixeiro

Dezasete alumnos veñen de finalizar o curso de manexo de carretillas elevadoras organizado polo departamento de Orientación Laboral do Concello de Curtis e desenvolvido o pasado sábado 28 de agosto.

O curso, de formación gratuíta, desenvolveuse no Polígono Industrial de Curtis-Teixeiro e foi convocado debido á alta demanda. Xa no mes de maio se desenvolveu outro coas mesmas características e no que se formaron 14 persoas.

Os asistentes contaron cun cun total de 7 horas e media de formación teórica e práctica onde se explicaron dende os compoñentes e tipos de carretillas, a manipulación e almacenaxe e as normas de circulación.

Nesta ocasión os participantes estiveron acompañados polo alcalde do municipio, Javier Caínzos xunto co concelleiro da Área de Promoción Económica, Formación e Emprego, José Barral quen destacou que o obxetivo é proporcionar a formación a todos os veciños coa finalidade de conseguir a inserción laboral en ámbitos con maior demanda de postos de traballo.

Formación carretilla elevadora

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.