Iniciadas as obras de ampliación e mellora do camiño San Roque de Xabriño-A Ratona (Fisteus) cun importe de 65.424€
O Concello de Curtis inicia a obra “Ampliación e mellora do camiño San Roque de Xabriño-A Ratona (Fisteus) que se engloba dentro do Plan de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas 2021-2022”.
As obras son financiadas a través da Consellería de Medio Rural dentro do PDR Galicia 2021-2022 e contan cun orzamento total de 65.424€.
Cos traballos, realizarase unha ampliación do firme da calzada así como a súa pavimentación con aglomerado ademais de limpeza das cunetas. A lonxitude do tramo sobre o que se proxecta a actuación é de 737 m.
Estímase que as obras sexan rematadas o 15 de outubro.
As actuacións dan resposta a demandas veciñais e permiten unha mellor circulación, tanto de vehículos como dos peóns, unha mellora na seguridade viaria así como facilidade para o acceso a explotacións agrícolas.

