O Concello de Curtis oferta 18 actividades culturais e deportivas
- Retómanse as actividades municipais tras o parón de 2 anos pola pandemia
- Aberto o prazo de inscrición ata o 28 de setembro
- As actividades darán comezo o 4 de outubro
Na súa aposta polo deporte e as actividades saudables o Concello de Curtis, a través das áreasde Saúde, Xuventude, Benestar Social, Educación e Cultura retoma a realización das actividadesmunicipais tras o parón de 2 anos pola pandemia.
Neste novo curso, preséntase como novidades as actividades de ioga, arte floral, labores emúsica e movemento.
Ademais o programa, que arranca o 4 de outubro, inclúe as xa habituais actividades de fútbolsala, patinaxe, ximnasia artística, pilates, mantemento integral de adultos e maiores, obradoirosde memoria, inglés,informática… entre outros.
As clases impartiranse en Curtis e Teixeiro pero tamén haberá sesións no rural (Foxado,Paradela, Santaia, A Illana e San Roque de Xabriño).
Ademais destas actividades o Concello de Curtis recorda que os ximnasios municipais sitos enCurtis e Teixeiro están á disposición da veciñanza. Nestes centro ofrecese unha atenciónpersonalizada.
O prazo de inscrición xa está aberto e poderase formalizar a matrícula ata o día 28 de setembronas oficinas municipais de Curtis ou na Casa do Concello en Teixeiro.
As actividades realizaranse cumprindo as medidas hixiénico-sanitarias correspondentes eatenderán aos ratios que os protocolos establezan.
Accede ao triptico: TRIPTICOS_ACTIVIDADES_CONCELLO_DE_CURTIS_2021-2022_redes.pdf
Cartel actividades municipais: CARTEL_ACTIVIDADES_MUNICIPAIS_CONCELLO_DE_CURTIS_21-22_1.pdf