Banner Narracion Curta XVI

Fallado o XVI Premio de Narración Curta do Concello de Curtis

  • Presentáronse un total de 91 relatos.
  • O acto de entrega dos premios realizarase o día 8 de outubro.

O certame de narrativa do Concello de Curtis alcanzou a súa edición número XVI coa caixa do correo repleta de traballos que chegaron dende todas as partes de Galicia. En concreto recibíronse 91 relatos.

Nesta convocatoria que recibiu o título “Estou fatal. Teño que contarllo a alguén” o punto de partida para acreación dos relatos foi “soltar o que se leva dentro e facer así da escrita un exercicio terapéutico. O certame deste ano pretende ser o ombro deses amigos/as que te escoitan e sobre o que confesas osteus pensamentos” como apuntada a concelleira de Cultura, Educación e Igualdade, Eva Lata.

O xurado estivo formado polo lingüista Manuel Rico Verea, a escritora Arancha Nogueira e o escritorie Nee Barros Fernández, autorie de relatos galardoados nas dúas edicións anteriores.
Finalmente, abertas as plicas, estas son as personas premiadas:

  • Primeiro premio da categoría A para o relato “Quen me devolve a min a vida”, de Alba Guzmán Falcón, de Ourense (premio de 400€).
  • Segundo premio da categoría A para o relato “Inferno flotante”, de Alfredo José Fernández Marquesde Pontevedra (premio de 200€).

  • Primeiro premio da categoría B para o relato “Os borrachos con estilo non gastamos Lorazepam”,de Daniel Irimia Yáñez, de Momán, Cospeito (premio de 700€).

  • Segundo premio da categoría B ex aequo para os relatos: 

    “Darwin”, de Xosé Alfredo Naz Fernández, de Vigo (premio de 150€)
    “Exame de”, de Noemí Pazó González, de Brión (premio de 150€)

Dende a Área de Cultura do Concello de Curtis queren felicitar aos premiados e agradecen a implicación de todos os participantes. 

O acto de entrega terá lugar o dia 8 de outubro no Salón do Recinto Feiral de Curtis. Agárdase a asistencia de todas as persoas premiadas,acompañantes, xurado, persoal do concello e todo aquel que queira asistir. 

CARTEL PARA WEB 4 copy copy

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.