Banner Narracion Curta XVI

O Concello de Curtis incorpora a súa flota municipal un novo vehículo a través do Fondo de Compensación ambiental da Xunta de Galicia

O Concello de Curtis acaba de incorporar un novo vehículo a súa flota municipal destinado a realizar labores de protección do medio ambiente e os espazos naturais.

Á recepción acudiron o xefe de ventas de Nissan xunto co alcalde do municipio, Javier Caínzos e o concelleiro da Área de Servizos, Emerxencias e Obras, Emilio Souto.

O vehículo foi adquirido por valor de 39.809€ a través da axuda da Xunta de Galicia ao amparo do Fondo de Compensación Ambiental.

Trátase dun coche 'pick-up', en concreto un Nissan Navara 2,3 DCI N-CONNECTA de doble cabina con 190 CV que se destinará, como se apuntaba ao inicio, aos servizos municipais encargados da protección do medio ambiente e do espazo natural.

O vehículo conta con capacidade para cinco persoas e conta boas características para circular por camiños rurais.

Hai que ter en conta que o municipio conta cunha extensión considerable (117,5 kilómetros cadrados) polo que as brigadas municipais precisan de maquinaria e equipación idóneo para as labores ambientais.

O concelleiro da Área de Servizos, Emerxencias e Obras, Emilio Souto declaraba esta mañá: “Esta dotación permitirá mellorar a mobilidade para as tarefas do entorno natural e así poder garantizar a protección ambiental no Concello de Curtis”.

242034249 2009435292549880 6362323142824429998 n

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.