Numeracion Curtis logos

Actividade: Galego de Cine

Mañá 8 de maio haberá a actividade Galego de Cine no Edificio Multiusos de Curtis dende as 17,30h ás 20,30h, pertencente ao programa de dinamización lingüística FalaRedes, da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

A actividade estará destinada a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos. Baséase na visión e no traballo con diferentes contidos audiovisuais en galego a través dos cales os nenos e as nenas participantes chegarán a construír o seu propio conto. Isto completarase cun vídeo-matón que lles permitirá aos rapaces gravar o conto inventado durante o desenvolvemento da actividade.

É obrigatorio inscribirse previamente na Casa do Concello ou na Oficina Municipal de Curtis. Para máis información 981 777 105 ou 981 789 003(ext. 30).

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.