586 inscritos nas actividades deportivas e culturais do Concello de Curtis
Tras o parón de dous anos pola pandemia, o Concello de Curtis, a través das áreas de Saúde, Xuventude, Benestar Social, Educación e Cultura, ven de retomar as actividades deportivas e culturais ofertadas para este curso 2021-2022 cun total de 586 inscritos.
En concreto 289 matriculados en actividades deportivas e 297 en actividades culturais.
As actividades, que xa están en marcha dende este luns 4 de outubro, diríxense a todas as idades con ofertas como robótica, ioga, arte floral, memoria, inglés...
Unhas propostas que se alargarán ata o verán, cun programa que ten como obxetivo incentivar a actividade física, o ocio e a educación.
Ademais destas actividades o Concello de Curtis recorda que os ximnasios municipais sitos en Curtis e Teixeiro están á disposición da veciñanza. Nestes centro ofrecese unha atención personalizada.
Nas imaxes: primeira clase de robótica en Curtis e Teixeiro neste curso 2021/2022

