As obras do gradarío do campo de fútbol “Lucas Vázquez” en Curtis avanzan a bo ritmo
Os traballos para construir unha grada no campo de fútbol “Lucas Vázquez”, sito en Curtis, progresan a bo ritmo.
Esta nova infraestrutura, que parte dun orzamento de 132.470 euros, contará cunha cuberta e capacidades para 130 persoas. Estará localizado na zona superior dos vestiarios existentes.
Tras a instalación da estrutura metálica, as obras acometerán un encofrado e hormigonado previos á montaxe de varias pezas prefabricada da bancada.
Estímase que as obras rematen ao longo deste mes.
A aposta polo deporte e as súas infraestructuras son prioridade para o Goberno local que, ademais destas dotacións investiu no 2019 máis de 110.000€ na iluminación de ambos campos de fútbol, Teixeiro e Curtis.