Numeracion Curtis logos

O Centro Etnográfico de Teixeiro escenario da nova colección de Viriato

Curtis-Teixeiro, 14 de outubro de 2021-. A marca galega de moda femenina Viriato vén de presentar a súa nova colección de outono/ inverno. O escenario elexido para realizar o catálogo e peza audiovisual onde se amosan as novas prendas foi o Centro Etnográfico de Teixeiro, un centro de formación e interpretación arredor do río Mandeo.

Na peza audiovisual, elaborada pola marca, pódese ver este espazo de enorme impacto visual co edificio que evoca aos tradicionais palleiros galegos. O diseño do Centro corresponde ao estudo galego Barge Bouza Arquitectura, que o ideou como unha suma de catro módulos que imitan unha senda no bosque. O centro obtuvo unha mención de honra na Bienal Internacional Barbara Capoochin.

Na peza audiovisual tamén se pode contemplar a paisaxe natural que rodea ao edificio así como zonas do interior que aportan xogos e contrastes de luz natural cos que conta o edificio grazas aos lucernarios dos que está dotado. Esta colección xa se pode ver a través da páxina web da marca https://www.viriato.com/viriato/ e catálogo (https://issuu.com/sistemadiseno/docs/viriatowinter21_22issuu)

O Centro

No seu día a día este centro ofrece unha función formativa a través de aulas, cursos e talleres e divulgativa a través do centro de interpretación, a través do cal se pon en valor o patrimonio cultural e etnográfico da cunca do Mandeo. Neste centro ofrecense visitas didácticas especialmente orientadas a xóvenes en idade escolar. Conta cunha museografía moderna e interactiva posta ao servizo da persoa visitante que mediante a observación e a experimentación poderá aprender cousas por si mesma. O Centro funciona como motor e referente no coñecemento sobre a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

  • Horario: 

De martes a venres de 10:00 h a 13:00 h e de 16:00 h a 19:00 h. Sábados e domingos de 10:00 a 13:00 h.

IMG 0975 1

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.