Numeración Curtis

O Concello de Curtis desTAPA os seus sabores para dinamizar a hostelería na Ponte da Constitución

 

  • Dezaoito locais de Curtis e Teixeiro ofrecen tapas do 4 ao 8 de decembro cos mellores produtos locais na "Ruta desTAPAte". 
  • Unha homenaxe ao queixo de tetilla e ás navizas de Curtis e Teixeiro 

Curtis-Teixeiro, 29 de novembro de 2021-. A área de Promoción Económica do Concello de Curtis homenaxeará nesta Ponte da Constitución (do 4 ao 8 de decembro) a dous dos produtos típicos do municipio, o queixo de tetilla e a nabiza, a través da ruta gastronómica “DesTAPAte” que se consolida xa como unha das citas ineludibles da comarca.

En concreto, 18 bares e locais hostaleiros de Curtis e Teixeiro ofrecerán durante estes días tapas e menús onde os ingredientes principais son estes dous produtos de recoñecida calidade.

A fama do queixo de Curtis remóntase ao século XIX cando a feira da Illana chegou a adquirir tanto recoñecemento pola calidade deste produto que, durante anos, os queixos de teto foron coñecidos tamén como queixos da Illana, tal e como recolle na súa historia o Consello Regulador. A pintora Mª Antonia Dans tamén lles deu o seu importante lugar en varias das súas obras nas que observamos mulleres vendendo queixos. Este queixo, recoñecido en Galicia e no resto de España, está incluido dentro da denominación de orixen Arzúa-Ulloa.

Por outra parte, non podemos olvidarnos tamén das nabizas, verdura axeitada para clima frío e húmedo do municipio que se adoptou durante siglos ao terreo profundo, fresco e fértil da Galicia do interior; cabe recordar que as nabizas que se empregaban para facer o caldo galego serviron como base da dieta durante os meses máis fríos do ano e en épocas de grandes penurias económicas o caldo de nabizas convertíase no prato de primeira necesidade na alimentación dos nosos antepasados.

Por todo esto, dende o Concello convidamos a e descubrir os sabores de Curtis e Teixeiro.

CONSULTA OS LOCAIS PARTICIPANTES E AS TAPAS AQUI: Diptico Ruta DesTAPAte.pdf

Cartel Nabiza e Queixo Curtis

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.