Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis pon en marcha unha campaña de apoio e promoción do comercio e hostalería local

  • Repartiranse un total de 10.000 euros en bonos para consumir nos locais de hostalería e comercio.

O Concello de Curtis a través da Área de Promoción Económica pon en marcha por segundo ano consecutivo a campaña de apoio e promoción ao comercio e hostalería local "O teu pobo premia".

Esta iniciativa, realizada en colaboración coas Asociacións de Comerciantes de Curtis e Teixeiro, “ten como obxetivo reactivar a economía local e fidelizar ós clientes dos establecementos locais" destaca o concelleiro da Área de Promoción Económica, José Barral.

A campaña consiste nun sorteo de 47 premios que contan cun valor total de 10.000 euros. Dous vales de 500€ e corenta e cinco vales de 200€ canxeables nos establecementos do Concello de Curtis. Para participar no sorteo haberá que realizar unha compra mínima de 25€ nun dos establecementos do municipio. A compra deberá ter lugar antes do 6 de xaneiro de 2022.

O sorteo realizarase o día 12 de xaneiro de 2020, ás 12:00 horas na casa do Concello de Curtis. O nome dos gañadores comunicarase a través das redes sociais e páxina web do concello.

DESCARGA AS BASES AQUÍ: BASES.pdf

Área de Promoción Económica

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.