Numeración Curtis

Programación Entroido 2022

O Concello de Curtis vén de anunciar a programación de Entroido 2022. 

A primeira cita será o vindeiro lun 28 de febreiro coa realización do obradoiro infantil ás 11:00h no salón do Recinto Feiral de Curtis e no Edificio de Usos Múltiples de Teixeiro. Realizaranse chapas de entroido, globoflexia, taller de disfraces simpáticos, títeres de pau...Haberá límite de prazas e prioridade para empadroados/as. 

A programación continuará o martes 1 de marzo (festivo local)  coa festa de disfraces: ás 17:00h no Recinto Feiral de Curtis e no Polideportivo de Teixeiro.

  • CONCURSO DE DISFRACES INFANTIL (ATA 16 ANOS):

1º premio individual ou grupo: dous vales de 150 € cada un.

2º premio individual ou grupo: dous vales de 100 € cada un.

3º premio individual ou grupo: dous vales de 50 € cada un.

Todos estes vales deberán gastarse en locais de comercio ou hostalaría local, sitos no municipio de Curtis

  • CONCURSO DE DISFRACES MAIORES (MÁIS DE 16 ANOS):

1º premio individual ou grupo: dous vales de 300 € cada un.

2º premio individual ou grupo: dous vales de 200 € cada un.

3º premio individual ou grupo: dous vales de 100 € cada un.

Todos estes vales deberán gastarse en locais de comercio ou hostalaría local, sitos no municipio de Curtis. 

IMPORTANTE:

Valorarase que os disfraces sexan de elaboración propia así como a utilización de materiais reciclados.Os grupos non deben exceder as 8 persoas. É obrigatorio inscribirse para participar nas actividades.

O prazo finaliza o 25 de febreiro. Pódese realizar a inscrición na Casa do Concello en Teixeiro ou nas oficinas municipais en Curtis ouchamando ao 981 789 003 ou 981 777 105.

Obrigatorio acudir ás actividade co certificado covid a partir dos 12 anos.Uso obrigatorio de máscara.

DESCARGA AS BASES AQUÍ: BASES_CONCURSO_ANTROIDO_2022.odt.pdf

entroido

 

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.