Numeracion Curtis logos

Aprobados os orzamentos do Concello de Curtis cun importe de 4.438.414 euros.

  • Destacan as partidas que se destinan a políticas sociais (educación, servizos sociais, cultura e deporte) cun importede 1.630.500€ e a aprobación do POS+ADICIONAL 1/2022 para o financiamento de gastos sociais extraordinarios derivados do COVID-19 cunha achega de 65.839 euros.
  • Aposta pola mellora da seguridade en viales e accesos nos pobos e nas parroquias do municipio incluidas no POS + 2022.
  • Contas saneadas dende 2015 e conxelación de taxas impostos municipais dende o 2014.
  • Aprobada a adhesión ao novo convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias e as Deputacións Provinciais en materia de emerxencias, prevención e defensa contra incendios forestais, para o desenvolvemento do Grupo de Emerxencias Supramunicipais parao ano 2022.

Curtis-Teixeiro, xoves 10 de febreiro de 2021-. No pleno celebrado esta mañá aprobáronse os orzamentos iniciais para o ano 2022 no que as contas ascenden a 4.438.414 euros.

O Concello segue crecendo e aposta por un orzamento expansivo e social, que poña como prioridade o coidado e benestar da veciñanza e o apoio incondicional ás economías familiares.

Neste senso, das actuacións previstas nos investimentos que se financiarán a través de fondos propios e transferencias doutras Administracións, destacan as partidas que se destinan a políticas sociais (educación, servizos sociais, cultura e deporte) cun importede 1.630.500€.

Ademais, aprobouse por unanimidade a proposta da Alcaldía do POS+ ADICIONAL 1/2022 para o financiamento de gasto sociais extraordinarios derivados do COVID-19 cunha achega total de 65.839,29 euros onde se inclúen as seguintes actuación: ampliar o servizo de axuda a domicilio (13.500 euros), ampliación e dotación das partidas municipais destinadas a axudas de emerxencia ás peroas ou familias en risco de exclusión social (8.000 euros), reforzo dos servizos e axudas económicas para respiro familiar e medidas de conciliación a persoas que carezan de medios económicos suficientes (39.600 euros), adquisión de equipamento técnico asistencial (7.900 euros).

Outra das grandes apostas é a mellora da seguridade en viales e accesos nos pobos e nas parroquias do municipio, parte destas obras están incluidas no Plan Provincial de Obras e Servizos POS + 2022 que conta cun tamén foi aprobado no pleno de hoxe.

Entre as actuacións recóllese a rehabilitación superficial con TSRG do firme de calzada do camiño A Graña- Granxa Monte cunorzamentode 31.930 euros. Tamén se inclúen melloras na rede viaria nos acceso aos núcleos de Merelas, Padreiro, As Paredes e nos tramos, Abeledo- San Cristobo, A PedreiraAbeledo que terán un custo de 104.632 euros así como a creación dunha senda peonil no Seixo de Arriba (40.212 euros), pavimentación da contorna do edificio de usos múltiples de Teixeiro (65.737 euros), ampliación, afirmado e pavimentación con TSRG no camiño de acceso a Godulfes desde AC- 230 (47.160 euros) e finalmente reforzo do firme de calzada existente nas rúas, Antón de Pepiño,bSanchez Bugallo e Travesía en Teixeiro (53.208 euros).

  • Contas saneadas

O alcalde considera que a situación saneada das contas municipais, con débeda cero dende o ano 2015, as boas perspectivas económicas locais, coa enorme dinamización que suporá a instalación de novas empresas e industrias, así como as políticas de contención de gastos permitirán non só manter senón incluso incrementar os servizos básicos e aumentar a atención social e os investimentos previstos.

  • O Concello conxela os impostos e taxas municipais

O Goberno local non subirá os impostos un ano máis, con este xa van 8 anos. O obxetivo é non gravar máis as economías familiares.

Os orzamentos foron aprobados soamento cos votos do Partido Popular. 

Ademais dos orzamentos, no pleno aprobouse por unanimidade a proposta da Alcaldía para a adhesión ao novo convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias e as Deputacións Provinciais en materia de emerxencias, prevención e defensa contra incendios forestais, para o desenvolvemento do Grupo de Emerxencias Supramunicipais parao ano 2022.

Sesión Plenaria Extraordinaria

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.