O Concello de Curtis nomea cidadáns de honra aos traballadores do Grupo de Emerxencias, operarios, voluntarios de Protección Civil e auxiliares do servizo de apoio no fogar do municipio.
Curtis-Teixeiro, martes 15 de febreiro de 2021-. Dende o 14 de marzo de 2020 -día no que o Goberno decreta o estado de alarma en España debido á COVID19- o Grupo de Emerxencias, operarios municipais, voluntarios de Protección Civil e auxiliares de servizo de apoio no fogar do municipio puxéronse a disposición de todos os veciños e residentes no concello.
Neses momentos de incerteza, xerados por un virus descoñecido, estes traballadores realizaron labores de asistencia e coidado de terceiros, de desinfección de espazos públicos, atención ás necesidades que xurdidas; transporte de alimentos e medicamentos a domicilios, e incluso deberes aos máis pequenos que non dispoñían de ordenador no seu fogar.
Estiveron a disposición da veciñanza as 24 horas do día para todas as necesidades que se poderan ocasionar, mostrando sempre un trato correcto, atento e respectuoso coas persoas que precisaban dos seus servizos.
Como consecuencia desas accións, os traballadores e traballadoras destacados, presentan unha imaxe favorable, chegando a ser dos servizos máis valoradas do noso municipio, o que redunda en beneficio da sociedade e da pervivencia de valores que non se deberían esquecer nunca, pois son base e fundamento da nosa esencia.
Por todos estes motivos, e por dignificar o nome do noso municipio, o Concello de Curtis fai un recoñecemento a estes 35 profesionais nomeandoos cidadáns de honra do Concello de Curtis
En vindeiras datas realizarase o acto de entrega das distinción onde se fará entrega ós agraciados onde recibirán diploma e medalla honorífica
O alcalde do municipio, Javier Caínzos, dou conta no último pleno celebrado o 10 de febreiro, deste acordo de nombramento de cidadáns de honra a todos os membros da corporción.