Numeración Curtis

A Área de Cultura do Concello de Curtis creará unha escola de música

 

Curtis-Teixeiro, 22 de marzo de 2022-. Potenciar as actividades musicais é un dos
obxetivos que se marca a Área de Cultura do Concello de Curtis, quen vén de
comunicar a súa intención de poñer en marcha unha escola de música no vindeiro
curso 2022-2023 nos pobos de Curtis e Teixeiro.


A concelleira de Cultura, Eva Lata, destaba onte que o alumnado non precisará ter
coñecementos musicais e que bastará con ter ganas de aprender e gusto pola
música.


O Concello ten o propósito de impartir clases de intrumentos de vento, corda e
percusión así como clases de canto e poñer a disposición diferentes instrumentos
para quen os precise.


Tampouco se esixirá un límite de idade, aínda que será necesario un mínimo de
catro anos para entrar. A intención tamén é a de impartir clases individuais e
colectivas cun horario flexible.

IMG 5828

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.