Banner Narracion Curta XVII

Lupe Gómez, embaixadora do Concello de Curtis

Curtis-Teixeiro, 9 de abril de 2022-. 

O secretario xeral de Política Linguística, Valentín García, o alcalde do Concello de Curtis, Javier Caínzos (de forma telemática), concelleiros da corporación, familiares, amigos e veciños arrouparon hoxe á escritora galega Lupe Gómez, durante a homenaxe no salón de actos do Recinto Feiral de Curtis.

Neste acto presentado pola concelleira de Igualdade, Educación e Cultura, Eva Lata entregóuselle o título de Embaixadora do Concello de Curtis. Esta é a distinción máxima que concede o concello a aqueles veciños/as que son un exemplo de valores e que levan o nome do municipio con orgullo.

A escritora durante o seu discurso prometeu " defender os intereses dos meus veciños e
do meu pobo de Curtis ante todos os tribunais do mundo" e agradeceu enormemente
este título que recibía emocionada.


Pola súa parte o secretario apuntou: "Lupe é un dos maiores referentes da cultura
galega, un dos corazóns da nosa literatura de máis valía".


Finalmente o alcalde do Concello engadiu: "a nova embaixadora curtiense, Lupe, é unha
das voces poéticas máis singulares dos últimos vinte anos en Galicia.

Preme na ligazón para ler o discurso completo de Lupe: Discurso_Lupe.pdf

DSC 0197 1 copy

DSC 0102 1

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.