Numeración Curtis

Fallado o XVII Premio de Narración Curta do Concello de Curtis

  • Presentáronse un total de 137 relatos, 47 máis que no certame do ano anterior. 
  • Repartiranse un total de 2.700 euros aos premiados/as. 
  • O acto de entrega realizarase o 10 de xuño ás 18:30h no Recinto Feiral de Curtis. 

A 17ª edición dos premios de Narración Curta do Concello de Curtis xa ten gañadores.

O certame, convocado pola área de Cultura, Educación e Igualdade do Concello de Curtis e que coordina a artista galega Lucía Aldao, n a consolidarse como un dos certames literarios máis célebres da zona.

Nesta convocatoria, que recibiu o título de “Nam, relato gastronómico”, presentáronse un total de 137 traballos, 47 máis que o ano anterior. A comida foi o motor principal dos escritos, tal e como se requería nas bases do certame.

Como novidade este ano estabéceuse un premio local, reservado a participantes vinculados co Concello de Curtis por nacemento, residencia, estudo ou relación laboral con empresas ou centros con sede física no termo municipal. O resto de premios dirixense a persoas de calquera procedencia.

O xurado estivo composto por: Daniel Irimia Yáñez, escritor e 1º premio na categoría de xente adulta do ano pasado; Diana Fernández Gómez e David Díaz Díaz, filólogos que rexentan o coñecido blogue gastronómico Bolboretas no Bandullo (contan como un só voto) e Alba María, regueifeira, escritora, filóloga…

Finalmente, os gañadores son:

  • CATEGORÍA A LOCAL

Premio único de 400 euros para o relato “O biscoito de Adela”, de María Rey García (Curtis).

  • CATEGORÍA B LOCAL

Premio único de 700 euros para o relato “Arremuiñados ao redor do biscoito”, de Patricia Martínez Vilariño (Teixeiro).

  • CATEGORÍA A

1º premio de 400 euros para o relato “Atrapada polas patiñas do tempo (e das luras)”, de Lola Collazo Couto (Carballo).

2º premio de 200 euros para o relato “Festa na cociña”, de Alonso de Vicente Martínez (Vimianzo).

  • CATEGORÍA B

1º premio de 700 euros para o relato “Meu cabaciño lindo”, de Xabier Jardón (Lugo)

2º premio de 300 euros para o relato “Filloas doces”, de María Cristina Rey Vázquez (Vigo)

O acto de entrega terá lugar o venres 10 de xuño ás 18:30 horas no Salón do Recinto Feiral de Curtis. Agárdase a asistencia de todas as persoas premiadas,acompañantes, xurado, persoal do concello e todo aquel que queira asistir.

PARA WEB copy

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.