Numeracion Curtis logos

O servizo de abastecemento do Concello de Curtis obtén a certificación que garantiza a inocuidade da auga suministrada

Curtis-Teixeiro 29 de marzo de 2023-. O alcalde do Concello de Curtis, Javier Caínzos, e a conselleira delegada de Espina a & Delfín, Rosa Blanca Rodríguez, recolleron esta mañá os certificados da norma ISO 22000:2018 para o servizo de abastecemento, concretamente para a ETAP de A Ratona e a ETAP de Teixeiro.

A responsable técnica de sostenibilidade de TÜV Rheinland, Almudena Bouza, foi a encargada de facer a entrega nun acto celebrado esta mañá na sala de plenos do Concello de Curtis.
 
A norma ISO 22000:2018 é un estándar mundial de referencia no ámbito da seguridade alimentaria. Espina & Delfín implantao no Concello de Curtis para aportar garantía de calidade na auga suministrada á poboación.
 
Para cumplir cos requisitos desta certificación realizáronse numerosas actuacións nas instalacións municipais. Nas captacións instaláronse medidores que detectan a presencia de contaminantes procedentes de puríns no río.
 
Tamén se vén de instalar na saída dos depósitos e nas estacións de tratamento de auga potable medidores dos principais parámetros a controlar, como o cloro, o pH e a turbidez. Estos medidores transmiten a información cada cinco minutos e documentan a evolución dos parámetros en tempo real ao longo de todo o día. En caso de detectar algunha incidencia paralízase se maneira inmediata a entrada de auga nas instalacións e emítense alertas aos dispositivos móbiles dos operarios do servizo.
 
Ademais, instaláronse sistemas de antiintrusión que inclúen cámaras de seguridade para previr actos de vandalismo ou sabotaxe e campañas preventivas de control de plagas.
 
O Concello de Curtis tamén executou varias obras co obxectivo de mellorar a calidade das augas. Unha delas é a ampliación e a mellora da ETAP da Ratona por valor de 292.443 €, que proveñen de fondos municipais. Os traballos centráronse na implantación dunha nova línea de tratamento cun novo tanque de oxidación, novos equipos de preparación de reactivos, unha bomba de impulsión da auga do lavado, unha nova etapa de afino mediante a instalación de novos filtros con arcilla e un novo edificio de reactivos.
 
338006655 736535451599739 911975786127835569 n copy

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.