CURSO DE MONITOR DE TEMPO LIBRE EN CURTIS
Xa está aberto o prazo de inscrición para anotarse ao curso de monitor de tempo libre en Curtis que se celebrará durante o verán en horario de fin de semana.
O prazo remata o día 15 de maio, e será necesario que haxa un mínimo de 20 participantes para que o curso se leve a cabo.
O prezo é de 250 €, pero existe a posibilidade de pagalo en fraccións.