Numeracion Curtis logos

Presentación do proxecto europeo de Democracia Participativa "Construíndo o rural de hoxe e o de mañá"

Proxecto europeo_20130607-01Proxecto europeo_20130607-02O Alcalde de Curtis, Javier Caínzos, presentou o proxecto europeo de Democracia Participativa "Construíndo o rural de hoxe e o de mañá" xunto cos representantes das entidades locais: Trifon Ivanov (Vicealcalde de Pleven – Bulgaria), Giovanni Porcu (Alcalde da Comuna de Gavoi -Italia), Tiago Castelo (Responsable do departamento de Relacións Institucionais do Municipio de Figueira de Foz -Portugal) e Calin Valise (Director de comunicación, relacións públicas e turismo de Cluj - Rumanía) e os responsables das organizacións non gubernamentais que forman parte deste proxecto. En total son dez as institucións participantes, sendo dúas de cada país: Bulgaria, Italia, Portugal, Rumanía e España.

Os obxectivos deste proxecto son a búsqueda de solucións co fin de mellorar a empregabilidade e a calidade de vida da xuventude que vive en zonas rurais. Estas solucións conseguiranse a través de debates e mesas redondas que terán os xóvenes cos responsables políticos nos seus respectivos países; así tamén se logrará outro dos obxectivos do proxecto que é o de achegar ós xóvenes á vida democrática.

Este proxecto, que está subvencionado polo Programa Europeo de Xuventude en Acción e a Axencia Nacional Española, ten unha duración de 6 meses, no que se realizará unha xornada en cada país de encontros entre a xuventude e os responsables políticos; e un intercambio que se fará ao final do proxecto onde xóvenes de Bulgaria, Italia, Portugal e Rumanía visitarán Galicia durante unha semana.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.