Banner XIV premio de narracion curta concello de curtis

O Concello curtiense destinará o 50% do Plan Único a melloras viarias en Santaia, Curtis e Fisteus

pleno novembroO Concello de Curtis aprobará no marco do Plan Único un investimento de 350.476 euros, dos que case o 50% irá destinado a melloras de viarias e o resto, a gastos correntes.

As contas saneadas do Concello permiten que o Goberno local centre as súas actuacións en gastos correntes e investimentos sen recorrer a consignar cantidades para o pago a provedores e a redución de débeda.

As melloras previstas son a rehabilitación do firme da calzada existente no camiño de acceso a Curro (Santaia) e na rúa Crego Francisco Correa (Curtis), obras que terán un custo de 105.372 euros. Ademais, reforzarase a calzada desde Igresario de Santa María até A Cheira (Fisteus), cun financiamento 62.059 euros.

Estas propostas de investimento levarán ao Pleno ordinario, convocado para este venres, día 30, así como unha obra complementaria ao Plan Único, o afirmado e reforzo do firme da calzada con MBC do acceso a Chacente, Portolamoso e Arrescalvo desde Mostás (Santa Eulalia). O investimento ascende a 130.841 euros.

Caínzos presenta a III Poxa de Elite de Gando Frisón, "que volverá situar a Curtis como centro de referencia do sector lácteo no panorama nacional"

  • A presentación da única poxa deste tipo que se celebra en Galicia tivo lugar o fin de semana no Concurso de Raza Frisoa de Santa Comba.

III subasta de elite copyO alcalde de Curtis, Javier Caínzos, presentou a III edición da Poxa de Elite de Gando Frisón que organiza o Concello de Curtis, a única deste tipo que se celebra en Galicia para impulsar a calidade xenética das explotacións gandeiras e pór en valor o traballo e o investimento dos titulares. Estivo acompañado polo concelleiro Emilio Souto, e de Alberto, titular da explotación de Curtis que participou nas anteriores edicións.

A Poxa de Elite, que se presentou no Concurso de Raza Frisoa de Santa Comba celebrado este fin de semana, organizarase os días 16 e 17 de marzo.

O rexedor puxo en valor esta terceira edición tras o éxito das dous anteriores, "que serviron para situar a Curtis no centro do sector gandeiro frisón no panorama nacional xa que se achegaron compradores de todo o país para coñecer as mellores gandarías de Galicia, con animais cunha altísima cualificación morfológica e xenética".

Caínzos destacou como obxectivo principal desta poxa a dinamización da economía vinculada ao sector primario do municipio, pero tamén de toda a comarca e do resto de Galicia, "así como dar visibilidade aos gandeiros que optan por mellorar a súa cabana bovina ao supor esta poxa un escaparate nacional".

O ano pasado, a poxa serviu, ademais, para dar a coñecer aos titulares das explotacións os novos retos para o sector lácteo, como mellorar a calidade do leite, e para homenaxear ao sector coa publicación de 'As Xentes do Leite', o primeiro libro onde os protagonistas son todos os profesionais que conforman a cadea de produción láctea, que editou o Concello de Curtis.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.