Numeracion Curtis logos

A contratación das obras da senda peonil da Rolda de A Coruña e A Raia comezará en abril e custará medio millóns de euros

  • A conselleira de Infraestruturas presentoulles hoxe aos veciños o proxecto, demandado desde hai moito tempo polo alcalde para mellorar a seguridad viaria dos peóns.

senda peonilA contratación das obras para o novo itinerario peonil que se vai construír na marxe dereita da estrada AC-840, ao longo de 1,7 km, que unirá o treito comprendido entre o Alto da Espeniña e a intersección coa estrada autonómica que vai a Montesalgueiro (AC-230), comezará en abril. Así llo avanzou aos veciños da Rolda de A Coruña e a Raia, os primeiros beneficiados deste proxecto, a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, que se achegou esta mañá até Curtis para explicarlles a actuación en persoa, acompañada do alcalde Javier Caínzos e de técnicos do seu departamento.

O obxectivo desta senda é reforzar a seguridade dos peóns, pois terá un ancho mínimo de 1,8 metros e estará separado da calzada por unha zona axardinada, mais unha cuneta de seguridade naqueles tramos onde sexa necesaria. Tamén se mellorará a intersección coa estrada ao cemiterio e levantaranse dous muros de contención. O investimento total ascenderá a case 495.000 euros.

O proxecto dá resposta a unha demanda que o alcalde tiña trasladado xa en varias ocasións a Xunta xa que esta é unha zona residencial na que viven preto de 300 veciños, que dispón de todos os servizos, pero non conta na actualidade cunha infraestrutura axeitada para o tránsito peonil.

Segundo a conselleira, a senda, ademais de incrementar a seguridade viaria, favorecerá os desprazamentos a pé dos cidadáns de Curtis, pero tamén dos veciños doutros municipios limítrofes que veñen ata aquí no seu día a día.

Trámites moi avanzados

A Consellería xa ten os trámites avanzados para levar a cabo esta senda, xa que en decembro se someteu a información pública sen recibir ningunha alegación. Simultáneamente, avanzouse na súa supervisión, o que permitirá que en cuestión de días se poida dispor do proxecto e do expediente de información pública aprobados definitivamente. Calcúlase que o decreto de utilidade pública a efectos expropiatorios se poderá elevar ao Consello da Xunta a finais de marzo ou inicios de abril.

Os veciños poden coñecer máis a fondo os planos do proxecto ben no Concello ou ben no bar Agarimo, onde están expostos desde hoxe.

 

Iníciase o sistema de fichaxe do Servizo de Axuda no Fogar para optimizar os tempos e o seguimiento dos usuarios

servizoO Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Curtis iniciou o luns, día 13 de marzo, o sistema automático de fichaxe do equipo de auxiliares que traballan nesta área para optimizar a súa operatividade e mellorar os tempos de consulta, así como o seguimiento de cada un dos usuarios.

O sistema íntegrase na nova plataforma informática de xestión integral deste servizo, denominada CIGESAD, que se puxo en marcha o ano pasado e que está a permitir mellorar a calidade no coidado dos usuarios. A ferramenta facilita, entre outras accións, a coordinación do servizo ao rexistrar o historial de cada unha das personas que se atenden e as incidencias en tempo real, o que, ademáis de axilizar os tempos, achega un control total das prestacións.

 

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.