Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis redacta un novo prego técnico para a licitación do punto limpo e a planta de transferencia

puntolimpio 2016

O Concello de Curtis procedeu ao desistimiento do procedemento de licitación, mediante procedemento aberto con multiplicidade de criterios de adxudicación e tramitación ordinaria, do contrato administrativo para o punto limpo e a planta de transferencia tras estudar un recurso presentado por unha empresa.

O Concello comunicou o desistimiento aos licitadores, ás empresas que formularon as súas consultas sobre o contido dos pregos e procedeu a publicalo na área de contratacións da web do Concello (perfil do contratante) e no BOP da Coruña.

O equipo técnico xa está redactando un novo prego de cláusulas administrativas e prescicións técnicas para sacar novamente a licitación este servizo.

 

Máis de 150 nenos de sete municipios participarán na I Gala de Patinaxe Concello de Curtis

galapatinaje 2016

As Escolas Deportivas Municipais, organizarán mañá, sábado, día 16, a I Gala de Patinaxe Concello de Curtis na que participarán máis de 150 nenos dos municipios de Curtis, Toques, Frades, Boimorto, Betanzos, Cerceda e Culleredo.

A gala, que será só de exhibición non de carácter competitivo, celebrarase no pavillón polideportivo de Curtis a partir das 16.10 horas.

Non é a primeira vez que o Concello organiza exhibicións de patinaxe, deporte polo que vén apostando desde hai varios anos, pero até agora só participaban os alumnos da Escola Municipal. Este ano, por primeira vez, convidouse aos mozos doutros municipios para darlle un novo impulso.

Na Escola de Patinaxe de Curtis están inscritos 47 nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e 11 anos, aínda que a maioría non chega aos 7 anos. Na gala participarán 45 deles.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.