Numeracion Curtis logos

A Sociedade Deportiva de Teixeiro utilizará o novo campo de fútbol 10 anos tras asinar un acordo co Concello

  • O colectivo asumirá a limpeza, mantemento e conservación, e o goberno local, o gasto do consumo de auga e electricidade e o cortado do céspede.

acuerdocampofutbolteixeiro 2015

O Concello de Curtis asinou hoxe un acordo coa Sociedade Deportiva e Cultural de Teixeiro para que este colectivo utilice, durante un prazo de dez anos, prorrogables outros dez, as instalacións do novo campo de fútbol municipal de Teixeiro, de herba natural e homologado pola Federación Galega de Fútbol para competicións oficiais.

En virtude desta colaboración, a sociedade poderá utilizar as dependencias deportivas sen necesidade de presentar ningunha solicitude e, a cambio, comprométese a realizar un correcto uso e a facerse cargo, incluídos os gastos, da limpeza, mantemento e conservación. Pola súa banda, o Concello asume exclusivamente o gasto derivado do consumo de auga, da subministración eléctrica e o cortado do céspede.

Durante a firma do convenio, coa presenza do alcalde Javier Caínzos e os responsables da SDC, o rexedor destacou a importancia de apoiar o deporte tanto de base como federado do municipio.

A SDC de Teixeiro, creada en 1945 e con 70 anos de experiencia, ten como fin principal o fomento e a promoción do fútbol entre os veciños desta localidade. Nestes momentos, conta cun equipo de modestos en 3º división autonómica, e outro de veteranos, en 1ª división provincial.

O Concello de Curtis mostra a súa preocupación polo preconcurso de Abengoa e pide que se salvagarden os postos de traballo

bioetanolteixeiro 2015O Concello de Curtis manifesta a súa máxima preocupación tras o anuncio da empresa Abengoa de entrar nun preconcurso de acredores xa que esta decisión afectaría a Bioetanol Galicia, con sede no Polígono Industrial de Teixeiro, fábrica na que traballan preto de 90 empregados, ademais dos postos de traballo indirectos que xera.

O Goberno local cre imprescindible, e máis neste contexto de crise, que se asegure a viabilidade da empresa co obxectivo de salvagardar todos os postos de traballo existentes. Bioetanol Galicia leva instalada no municipio curtiense desde 2002 e o Goberno local pon sobre a mesa todo o seu apoio institucional para que se manteña a fábrica operativa.

Desde o concello seguirase de preto todo o proceso que se abre agora para alcanzar un acordo coas entidades financeiras acredoras para o seu refinanciamento, e os responsables municipais manteranse en contacto tanto cos responsables de Bioetanol como co comité de empresa para coñecer de primeira man o avance das negociacións.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.