Numeracion Curtis logos

O Concello repartiu máis de 5.500 quilos de alimentos entre un centenar de persoas en situación de vulnerabilidade

  • As axudas en emerxencia social superaron os 3.000 euros, que inclúen tamén pagos de recibos.

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Curtis entregou durante este ano máis de 5.500 quilos de alimentos no marco do programa de cobertura das necesidades básicas daqueles veciños en situación de vulnerabilidade. En total atendéronse, en colaboración con entidades sociais, a 41 familias (115 persoas).

O apoio a estas familias é constante ao longo de todo o ano e tenta cubrir carencias na alimentación, pero tamén de roupa, a través do Armario Municipal, de xoguetes no caso dos nenos, e no pago daqueles recibos (electricidade, auga, vivenda,etc.) que os veciños non puideron facer fronte, entre outras necesidades detectadas. Ademais, o Concello gastou en 2015 ao redor de 3.000 euros en axudas de emerxencia puntuais.

Servizos Sociais inclúe nos seus plans de intervención social labores de detección das situacións de risco ou de maior vulnerabilidade do municipio, así como de seguimento puntual, información, orientación, asesoramento, elaboración de itinerarios sociais e tramitación de prestacións.

 

Actividades culturais, deportivas e de conciliación familiar no programa Nadal Curtis-Teixeiro

PROGRAMA NADAL CULTURAL CURTIS - TEIXEIRO 2015

programanadal 2015campamentonadal 2015

A programación de Nadal do Concello de Curtis inclúe preto dunha vintena de actividades distintas pensadas especialmente para os máis pequenos, para apoiar a conciliación familiar nestas datas e para animar as rúas en apoio ao comercio local. 

 

  • LUNS, 21 DE DECEMBRO

Curtis: 17.00 -18.00 h. Obradoiro navideño. Centro Ocio Infantil

Teixeiro: 17.00 -18.00 h. Obradoiro navideño. Biblioteca Municipal

 

  • MARTES, 22 DE DECEMBRO

Chincha 2015Curtis: 16.00 -20.00 h. Xogos xigantes. Pavillón Polideportivo

Teixeiro: 17.00 -18.00 h. Monicreques. A Xanela do Maxín, coa obra 'Chincha Rabincha'. Edificio Usos Multiples

 

  • MÉRCORES, 23 DE DECEMBRO

Curtis: 17.00 -18.00 h. Teatro. Lisístrata Teatro, coa obra 'Un Nadal cheo de   contos'. nadalcontos 2015 EdificioMultiusos

  Teixeiro:16.00 -20.00 h. Xogos xigantes. Pavillón Polideportivo

  Deporte: Patinaxe sobre xeo no Centro Comercial Marineda City (A Coruña)

 

 

  • XOVES, 24 DE DECEMBRO

disney 2015Curtis e Teixeiro: 12.00 -14.00 h. Animación coas personaxes de Disney polas rúas

Curtis: 16.45 -19.15 h. Percorrido de Papa Noël pola rúa e recepción no Edificio Multiusos

Teixeiro: 16.45 -19.15 h. Percorrido de Papa Noël pola rúa e recepción no Edificio de Usos Múltiples

 

  • LUNS, MARTES E MÉRCORES, 26,27 e 28 DE DECEMBRO

Deporte: Torneo de Fútbol Sala 'Cidade de Lugo'

 

  • LUNS, 28 DE DECEMBRO

cores 2015  Curtis: 17.00 -18.30 h. Cine de Nadal. Edificio Multiusos

  Teixeiro: 17.00 -18.00 h. A Tropa de Trapo, coa obra 'Cores'. Edificio de Usos Múltiples

 

  • MARTES, 29 DE DECEMBRO

Curtis: 17.00 -18.00 h. Monicreques. Títeres Cachirulo, coa obra 'Pastoreando alegrías'. Edificio pastorando 2015Multiusos

Teixeiro: 16.30 -19.30 h. Xogos inchables. Pavillón Polideportivo

 

  • MÉRCORES, 30 DE DECEMBRO

Curtis: 16.30 -19.30 h. Xogos inchables. Pavillón Polideportivo

Teixeiro: 17.00 -18.30 h. Cine de Nadal. Edificio de Usos Múltiples

 

  • LUNS, 4 DE XANEIRO

Curtis: 12.00 -13.00 h. Pablo Díaz. Cantos contos no nadal. Edificio Multiusos (Para nenos de 0-5 anos)

 

CABALGATA DE REIS, 5 de xaneiro

CURTIS

17.30 h. Benvida e percorrido da comitiva real polas rúas

18.00 h. Recepción dos Reis Magos. Edificio Multiusos.

18.45 h. Gran festa infantil. Edificio Multiusos.

TEIXEIRO

16.45 h. Benvida e percorrido da comitiva real polas rúas

17.15 h. Recepción dos Reis Magos. Edificio Usos Múltiples

18.00 h. Gran festa infantil. Edificio Usos Múltiples

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.