O Concello prorrogará o III plan en favor da igualdade da muller e en contra da violencia de xénero
- O plan desenvolve accións de coeducación entre os mozos, de conciliación familiar e en favor da formación, o emprego e o empoderamiento da muller.
O Goberno local levará para a súa aprobación en pleno prorrogar o III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades, que se aprobou en decembro de 2013 até o 2015, pero ao ser trianual se dará continuidade un ano máis a este instrumento de traballo que establece as actuacións encamiñadas a conseguir a igualdade da muller en todos os ámbitos. A través deste plan, o Concello comprométese a fomentar a igualdade en todas as políticas de intervención que se implementen e a promover a presenza da muller en todas as esferas da vida social, especialmente na económica.
Con esta prórroga seguirase prestando especial atención a todas as accións dirixidas a informar e sensibilizar en favor da igualdade de xénero, así como ás relativas á conciliación e corresponsabilidade familiar, a desenvolver accións que fomenten a formación e o emprego da muller, a coeducación entre os mozos, a prevención e eliminación da violencia de xénero e a promoción do empoderamiento feminino e o asociacionismo.
A proposta aprobarase no pleno ordinario convocado o mércores, día 9.