Numeracion Curtis logos

Curtis acolleu o primeiro dos sete Encontros territoriais de Xuventude para o intercambio de experiencias

  • A directora xeral de Xuventude, Cecilia Vázquez, presidiu esta reunión entre profesionais da rede galega de información xuvenil.

fotoxuventude20151017O Espazo Xove de Curtis acolleu o primeiro dos sete Encontros territoriais de xuventude, cos que a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pretende facilitar a participación activa e o intercambio de experiencias e ideas dos profesionais da Rede galega de información xuvenil. Este ano vanse celebrar sete encontros, que terán lugar en Curtis, Noia, Carballo, Pontevedra e Ourense, e nas delegacións territoriais de Lugo e Vigo.

Caínzos reunirase cos alcaldes da zona de influencia do IES de Curtis para analizar as alternativas de FP

  • O obxectivo é configurar unha oferta de formación de futuro para unha área de máis de 20.000 habitantes.
  • O alcalde curtiense trasladaralles unha primeira análise da situación tras a reunión mantida onte coa ANPA e a dirección do centro.

O alcalde curtiense, Javier Caínzos, reunirase cos alcaldes dos municipios de Vilasantar, Sobrado, Boimorto, Mesía, Aranga e Frades o próximo dia 28 de outubro para abordar con eles as posibles alternativas sobre os ciclos de FP que se solicitarán para o IES de Curtis á Consellería de Educación o próximo curso escolar.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.