Aprobado o ROM que permitirá unha maior participación veciñal e transparencia na acción municipal
- Articula mecanismos para que os cidadáns colaboren máis directamente nas decisións de Goberno
O Regulamento Ordinario Municipal (ROM) aprobado de maneira definitiva polo Concello este luns, 28 de setembro, permitirá aos veciños participar directamente nos plenos da Corporación e recolle a potestade da alcaldía para abrir quendas de rogos e preguntas entre o público asistente ás sesións plenarias. Ademais, establece a figura dos Consellos Sectoriais de Participación, onde terán presenza os cidadáns e as asociacións de veciños que poderán presentar tanto informes como propostas.