Mato visitou empresas de Curtis e Teixeiro para coñecer as prácticas dos mozos do programa ‘Deseñando o teu futuro’
- Percorreu unha empresa familiar, Seat Automotor, e a multinacional Losán
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou dúas empresas do municipio de Curtis, unha de carácter familiar, Seat Automotor, en Teixieiro, e unha multinacional, a madeireira Losán, en Curtis, que participaron no programa ‘Deseñando ou teu futuro’ para que os mozos de entre 14 e 18 anos teñan un primeiro contacto co mundo laboral.