Banner XIV premio de narracion curta concello de curtis

Unha exposición fotográfica do CIM Curtis mostra imaxes de mulleres a través das súas emocións

  • A mostra ‘A beleza do invisible', aberta no Centro Etnográfico de Teixeiro, forma parte da programación municipal con motivo do 8 de marzo.
  • As fotografías son froito do taller de fotografía desenvuelto en febreiro

Expo1A área de Igualdade do Concello de Curtis, desde o seu Centro de información á Muller, impulsou un taller de fotografía a través das emocións durante o mes de febreiro. O taller acadou o máximo de plazas de asistencia e contou cunha parte técnica, acompañada dun enfoque emocional.

As imaxes que saíron deste taller pódense disfrutar durante os vindeiros días na exposición fotográfica ‘A beleza do invisible’, coa que o Concello curtiense pretende visibilizar e pór en valor ás mulleres a través do cotiá da súas vidas, así como pór valor a necesidade de todas esas mulleres na loita pola Igualdade de dereitos.

Dita exposición desenvólvese como parte dos actos de conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Onte inaugurouse no Centro Etnográfico de Teixeiro coa presencia da Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, e o alcalde de Curtis, Javier Caínzos

Tanto o taller fotográfico como a exposición se realizaron baixo a batuta da fotógrafa Diana Fontenla, coñecida por ter unha sensibilidade especial á hora de captar emocións a través das fotografías.

Para os máis pequenos

Ademais desta mostra, a Concellaría de Igualdade programou con motivo do 8 M para os máis pequenos unha obra teatral interactiva:

Non sabes quen es

  • Día 7, xoves
  • Curtis: Recinto Feiral, ás 17.00 horas.
  • Teixeiro: Usos Múltiples, ás 18.30 horas.

 

O Concello de Curtis adecúa novas instalacións para a Biblioteca municipal con espazos pensados para os máis novos

  • Porá en marcha unha campaña para impulsar os hábitos de lectura, especialmente entre os máis novos.
  • O secretario de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, visitou as dependencias e destacou o esforzo realizado polo concello.

Bblioteca 1A área de Cultura do Concello de Curtis quere impulsar os hábitos de lectura, especialmente entre os máis novos para que o vexan non só como un deber nos colexios e institutos senón como un pasatempo enriquecedor e divertido. Para iso, adecuou novas instalacións para a Biblioteca Municipal no mesmo edificio onde estaban e que substitúen ás anteriores, e renovou a totalidade do mobiliario facendo un guiño especial aos máis novos con espazos pensados para eles.

Tamén porá en marcha unha campaña para motivar á lectura e unha programación especial para os nenos e nenas e as súas familias.

Valentín García, secretario de Política Lingüística da Xunta de Galicia, visitou onte como quedaron as novas dependencias culturais, acompañado do alcalde Javier Caínzos e de Eva Lata, concelleira de Cultura. Foi recibido, ademais, por numerosos nenos, que gozaron dunha actuación de Cativo Caxoto.

O responsable de Política Lingüística destacou o esforzo do Concello de Curtis por fomentar a cultura e a lectura, e máis especialmente por potenciar a lingua galega, e lembrou que o Goberno Local, que pertence á Rede de Dinamización Lingüística, promove un dos Premios de Relatos de Narración Curta en galego máis interesantes, que nesta edición cumpre xa 14 anos.

O alcalde, Javier Caínzos, subliñou que "ler fomenta o enriquecemento cultural e o propio desenvolvemento cognitivo, pero tamén potencia a creatividade e imaxinación", e sostivo que, "no caso dos nenos, fomentar a lectura desde idades temperás axudaralles a xerar un hábito saudable e enriqueceralles como persoas".

O investimento nesta actuación, desenvolvida con fondos propios do Concello grazas a contar con remanente e unhas contas saneadas, ascendeu a 18.000 euros.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.