Numeracion Curtis logos

O Concello faise eco do malestar de veciños e comerciantes polas obras da Avenida Principal e pide á Deputación que actúe

  • O alcalde insta ao ente provincial a que lle esixa á empresa executora a limpeza da calzada, das ventás e das fachadas de vivendas e locais.
  • Residentes e empresarios denuncian que o po das obras impide andar pola calzada e abrir xanelas e portas.

obraavenida20151obraavenida20152O Concello curtiense solicitou á Deputación de A Coruña que esixa á empresa encargada das obras de acondicionamento da Avenida Principal de Curtis que proceda a reparar con urxencia as molestias e danos que está a causar a veciños e comerciantes, que ven como se acumula o po en fachadas, ventás e vehículos por non limpar e regar de maneira adecuada a calzada durante a execución. O Goberno local, a instancia dos residentes e empresarios da zona, solicita que a empresa proceda á limpeza, varrido e lavado da avenida e reclama unha mellor sinalización das obras, tanto para os peóns como para os vehículos.

O Concello organiza o día 29 o Día do Deporte na Rúa en Teixeiro

  • O sábado, 1 de agosto, celebrarase o Día da Bicicleta en Curtis e Teixeiro

diadodeportenarua2015cartel20150714O Concello curtiense organizará este mércores, día 29, o Día do Deporte na Rúa, que encherá o pobo de Teixeiro de actividades deportivas de diversas modalidades e para todas as idades. Esta é unha das iniciativas deportivas municipales con máis exito de participación, xunto co Día da Bicicleta, que se celebrará este mesmo sábado, día 1 de agosto.

O departamento de Deportes instalará campos de voleibol, badminton, minibasket, minifútbol e tenis, ademais de inchables para os máis pequenos. As actividades estarán abertas de 11.00 a 14.00 horas, e de 16.00 a 18.00 horas.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.