Numeracion Curtis logos

O Concello organiza o día 29 o Día do Deporte na Rúa en Teixeiro

  • O sábado, 1 de agosto, celebrarase o Día da Bicicleta en Curtis e Teixeiro

diadodeportenarua2015cartel20150714O Concello curtiense organizará este mércores, día 29, o Día do Deporte na Rúa, que encherá o pobo de Teixeiro de actividades deportivas de diversas modalidades e para todas as idades. Esta é unha das iniciativas deportivas municipales con máis exito de participación, xunto co Día da Bicicleta, que se celebrará este mesmo sábado, día 1 de agosto.

O departamento de Deportes instalará campos de voleibol, badminton, minibasket, minifútbol e tenis, ademais de inchables para os máis pequenos. As actividades estarán abertas de 11.00 a 14.00 horas, e de 16.00 a 18.00 horas.

Colaboración do Concello na organización da Semana Cultural de Teixeiro e a Feira dos Oficios

  • Aclaracións dos termos da colaboración do Goberno local con todos os colectivos e a Asociación Orixes da Montaña, que negou públicamente ter recibido este apoio.

Ante as afirmacións realizadas pola Asociación Orixes da Montaña na súa páxina de Facebook en relación á organización da Semana Cultural e do Lecer e da Feira dos Oficios de Teixeiro, na que literalmente di que: "O Concello en ningun momento colorabou coa nosa asociación pra que non haxa dúbidas", o Concello curtiense, lonxe de entrar a polemizar con este colectivo veciñal, si cre necesario aclarar cales foron os termos desta colaboración en aras dunha maior transparencia sobre o uso e destino que se dá aos bens e equipamentos municipais, que se manteñen cos impostos de todos os cidadáns.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.