Entrega de certificados aos mozos que participaron como voluntarios no programa de Conciliación
O Concello de Curtis entregou os certificados de participación aos oito mozos inscritos no proxecto de Voluntariado Xuvenil Galego durante os meses de xullo e agosto do ano pasado. O seu labor foi de apoio aos monitores do programa Conciliación da Montaña Coruñesa nos talleres que se desenvolveron para os nenos con manualidades, xogos populares, etc, nunha contorna non sexista e aprendendo, ademais, a importancia da igualdade de xénero.