banner cultura 2019 1

O pobo de Curtis retrocede mañá máis de cen anos para lembrar a importancia das feiras na súa historia

  • Concello e comerciantes convidan á regresar a principios do século pasado na IV celebración de ‘Curtis na lembranza, as feiras do 1900’.

curtis lembranzaA chegada maña, sábado, día 27, á Estación de Ferrocarril Curtis do tren procedente de A Coruña ás 10.00 horas con pasaxeiros ataviados como a principios do século pasado será o inicio dun día no que o pobo de Curtis retrocede máis de cen anos para rememorar a feira que lle fixo crecer. ‘Curtis na lembranza, as feiras do 1900’ alcanza así a súa IV edición consolidándose como unha das festas de referencia do verán.

Veciñanza e visitantes atoparanse cun pobo que vivirá unha xornada de feira das de antaño, feira que chegou a ter tanta importancia que xa na véspera completaba todas as prazas de bares e fondas porque moitos comerciantes e compradores, especialmente os de queixos, pernoctan no pobo para conseguir as mellores cestas antes das sete da mañá.

Era tal o movemento da feira que en 1957 existía un servizo regular de 64 ómnibus e dez camións procedentes de A Coruña, Lugo, Santiago, Ferrol, Betanzos, Cesuras, Aranga, Boimorto, Ordes, Mesía, Corredoiras, Présaras, Arzúa e Melide, ademais dos propios do pobo. Era tamén era de especial importancia a exportación de gando xa que decenas de vagóns de tren se enchían de tenreiros na estación de Curtis con destino ás grandes capitais de Madrid e Barcelona, e de cabalos e mulas para Castela, donde se empregaban para arar nos campos de trigo.

Concello e comerciantes queren lembrar esta importancia, e fanno revivindo esta mercado tal e como se facía entón, cos postos de produtos artesáns e típicos da terra instalados ao longo da Avenida Principal, a única rúa do pobo hai máis de cen anos, onde tamén estará abertas 8 exposicións. Ademais, haberá musica, baile, teatro, monicreques, charlatáns, adivinadores e cantares de cego.

Ademais, manteranse as tradicións como o chamado 'paseo das nenas', que era o momento no que as mozas do pobo vestidas de festa percorrían a rúa principal camiño do baile.

Pregoeiro

Este ano, o pregoeiro elixido é a Asociación de Amigos de Curtis, colectivo que cumpre 25 anos de vida. Os seus membros, repartidos por toda a xeografía española e mesmo noutros países, sentiron a necesidade de seguir vinculados a súa terra e, froito desa morriña, naceu a asociación. O seu obxectivo: apoiar iniciativas culturais, sociais e deportivas locais, contribuíndo así ao desenvolvemento do municipio.

Feira que segue moi viva

A Feira de Curtis, que cumpriu en 1994 os seus cen anos de vida, segue a ser un referente na comarca e na provincia xa que se mantén como un dos grandes dinamizadores económicos do municipio cos máis de 130 postos que se instalan todos os días 9 e 23 de cada mes nos seus máis de 25.000 metros cadrados e o seu catro naves totalmente acondicionadas.

.........

Para promocionar esta festa, o Concello de Curtis abriu na edición do ano anterior unha web, onde se da a coñecer a historia do pobo e as claves da celebración: www.curtisnalembranza.com

En marcha o Proxecto Ambiental Curtis-Sobrado para a concienciación sobre reciclaxe e a recollida de residuos

ambiente curtis e sobradoO “Proxecto Ambiental Curtis e Sobrado”, financiado por Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e os Concellos de Curtis e Sobrado, comenzou hoxe tras incorporar a un equipo ambiental formado por sete peóns e un técnico ambiental cos obxectivos de:

  • Desenvolver unha campaña informativa e de concienciación sobre a reciclaxe entre a veciñanza de Curtis e Sobrado.
  • Elaborar un mapa dos recursos municipais actuais, dos colectores de residuos, revisando a súa adecuación en número, ubicación e estado dos mesmos.
  • Vixiar a xestión dos residuos e vertidos realizados nos dous concellos.

Este proxecto baséase no convenio de xestión compartida de recollida de residuos sólidos urbanos vixente entre os concellos.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.