Caramuxo Teatro e Elefante Elegante achegarán aos máis novos obras de teatro en galego en Teixeiro e Curtis
Caramuxo Teatro, a compañía de teatro infantil e familiar, chegará a Curtis coa súa obra 'As fabas máxicas', unha nova versión deste clásico conto popular. Actuará o día 26, venres, ás 18.00 h, no edificio de Usos Múltiples de Teixeiro. A obra está contada a través do teatro de actor e de monicreques.