Numeracion Curtis logos

Convocatoria sesión plenaria ordinaria

8 de febreiro de 2024 ás 14:15 horas no salón de plenos da Casa do Concello de Teixeiro 

ORDE DO DÍA 

1. Aprobación, se procede da acta da sesión plenaria ordinaria celebrada o 29/12/2023.
2. Dación de conta do informe de control financeiro de ingresos 2022.
3. Aprobación do POS+Adicional 1/2024 para financiamento de gastos sociais extraordinarios.
4. Aprobación do Plan Provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal
(Plan único de concellos) “POS+ 2024”
5. Decretos da Alcaldía.
6. Mocións ao abeiro do disposto no art. 46.2 e) da Lei 7/85, reguladora das bases do réxime local.
7. Rogos e preguntas.

DESCARGA A ACTA COMPLETA AQUÍ: Convocatoria_SP_Ordinaria_Curtis_5.pdf

o teu pobo premia 12

O Concello de Curtis renova o pavimento e o mobiliario de tres parques infantís cunha inversión total de 140,200 euros

O Concello de Curtis renova o pavimento e o mobiliario de tres parques infantís cunha inversión total de 140,200 euros

  • As actuacións acometéronse nos parques infantís dos dous CEIP e no parque da Carballeira de Curtis

Curtis-Teixeiro, 6 de febreiro de 2023-. O Concello de Curtis, a través da área de Infraestructuras, vén de anunciar a finalización das obras de renovación de pavimento e instalación de novo mobiliario en tres parques infantís do municipio. As actuacións acometéronse, en concreto, no parque infantil do CEIP de Curtis, CEIP de Teixeiro e parque da Carballeira sito en Curtis na rúa María Antonia Dans.

As intervencións, cun importe total de 140.200 euros, centráronse na sustitución do pavimento de caucho, deteriorado polo paso do tempo e pola exposición ás inclemencias meteorolóxicas, co obxectivo de reforzar a seguridade e a comididade dos usuarios. As estructuras, por outro lado, foron sustituidas por outras máis modernas. 

A estas actuacións sumase á construcción do novo parque Ánxeles Penas no ano 2022 sito en Teixeiro para que os 320 nenos de 3 a 11 anos dispoñan dunhas infraestructuras novas para o seu disfrute. O alcalde, Javier Caínzos, avanzaba esta mañá que nos próximos meses sairá a concurso a renovación do parque anexo á Casa do Concello en Teixeiro.

WhatsApp Image 2024 02 06 at 09.41.27 2

WhatsApp Image 2024 02 06 at 09.42.14WhatsApp Image 2024 02 06 at 09.41.27 copy

WhatsApp Image 2024 02 06 at 09.41.27 1 copy copy

 

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.