O PLENO DO CONCELLO DE CURTIS APROBA UNHA ORDENANZA REGULADORA DAS PLANTACIÓNS, CORTAS E EXTRACCIÓNS DE MADEIRA
O Pleno da Corporación do Concello de Curtis aprobou cos votos a favor do PP e a abstención do BNG e PSOE unha ordenanza para regular a explotación forestal dos montes do municipio. O obxectivo principal e regularizar a extracción de madeira, o acopio da mesma e o seu traslado polos viais do municipio e evitar así posibles danos nos ditos viais e que estos queden no mesmo estado que antes da corta.