O vindeiro luns 17 de decembro vaise celebrar no IES de Curtis as 16:00 horas un obradoiro de hip-hop e monicreques chamado “Títerehop”.
Esta actividade forma parte do programa "FalaRedes" da Secretaría Xeral para os concellos da Rede de Dinamización Lingüística, que levará ata decembro un total de 250 accións como a de "Galego de Cine" ou "O Señor das Dunas" por unha centena de entidades locais.