Banner XIV premio de narracion curta concello de curtis

O Concello curtiense desTAPA os seus sabores para dinamizar a hostalaría na Ponte da Constitución

  • Unha vintena de locais de Curtis e Teixeiro ofrecen bocados cos mellores produtos locais na 'II Ruta DesTAPAte Concello de Curtis'..

ii ruta destapateA área de Promoción Económica do Concello de Curtis impulsará por segundo ano consecutivo a gastronomía do municipio durante a Ponte da Constitución a través da 'II Ruta DesTAPAte', na que participan unha vintena de bares e restaurantes.

O Goberno local pretende aproveitar os días festivos da próxima semana para dinamizar a hostalaría, aproveitando, ademais, que o día 9, domingo, coincide coa celebración da Feira Comarcal de Curtis.

Unha vintena de locais de Curtis e Teixeiro súmanse a esta iniciativa ofrecendo tapas e bocados tradicionais cos mellores produtos, entre os que a nabiza e o queixo de Curtis non faltarán.

O Goberno local xa puxo en marcha en ocasións anteriores rutas de tapas, pero o ano pasado decidiu darlle un novo impulso coa denominación 'DesTAPAte Concello de Curtis', coa que quere animar tanto aos veciños como aos visitantes a redescubrir os sabores do municipio.

  • Consulta neste díptico as rutas:  pdf

O alcalde de Curtis volverase a reunir proximamente con responsables de Sanidade para reforzar os centros médicos do municipio

  • O Pleno aprobou hoxe o recoñecemento de trienios ao persoal laboral temporal para equiparalos ao persoal laboral fixo e funcionario.
  • Luz verde ao Plan Único e á desafección dun camiño de titularidade municipal.

Foto Pleno CurtisO Goberno de Javier Caínzos manterá reunións coa Xerencia de Primaria e a Consellería de Sanidade nas próximas semanas, que darán continuidade á negociación xa iniciada cos responsables da Xunta, para dar unha solución á escaseza de persoal dos centros de saúde do municipio.

O alcalde expresou a súa preocupación pola carga asistencial dos centros de saúde  xa que á demanda dos veciños e veciñas súmase a atención aos máis de 500 operarios que están a traballar nas obras do Polígono de Teixeiro.

Caínzos manifestou que están en permanente contacto cos equipos médicos e que está a abordar as súas demandas e as dos veciños cos responsables de Sanidade, cos que se volverán a reunir proximamente.

O rexedor deu conta destas xestións no Pleno ordinario de hoxe, no que a oposición acordou retirar unha moción neste sentido para non entorpecer as negociacións.

Trienios do persoal laboral

No Pleno, ademais, aprobouse por unanimidade o recoñecemento dos trienios ao persoal laboral temporal do concello de maneira que se equiparen ao persoal laboral fixo e persoal funcionario.

A proposta do equipo de Goberno baseouse nun informe que recolle a numerosa xurisprudencia existente, onde se sostén que os traballadores temporais deben gozar das mesmas vantaxes que os traballadores fixos comparables, salvo que estivese justificado un trato distinto por razóns obxectivas.

Ademais, o Pleno deu luz verde, tamén por unanimidade, á desafectación dun camiño de titularidade municipal que enlaza a estrada provincial 3201 con núcleos da Cabana e Ou Castro en Fisteus. O camiño quedara en desuso tras as obras do paso a nivel.

Plan Único

Tamén se aprobou, no marco do Plan Único, un investimento de 350.476 euros, dos que case o 50% irá destinado a melloras de viarias e o resto, a gastos correntes.

As melloras previstas son a rehabilitación do firme da calzada existente no camiño de acceso a Curro (Santaia) e na rúa Crego Francisco Correa (Curtis), obras que terán un custo de 105.372 euros. Ademais, reforzarase a calzada desde Igresario de Santa María até A Cheira (Fisteus), cun financiamento 62.059 euros.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.