Xulgado de Paz
É un órgano da Administración de Xustiza para municipios onde non existe un Xulgado de 1ª Instancia e Instrución. O xuíz, proposto polo Pleno do Concello tras un proceso de selección, é nomeado por un período de catro anos polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).
Xuíz de Paz de Curtis
Jaime José Manuel Manteiga Francos
As súas funcións son as seguintes:
Rexistro CivilTrámites máis comúns:
- Inscrición por nacemento de fillo.
- Inscrición de unións civís ou relixiosas, celebradas no municipio.
- Expedientes de unións civís.
- Inscrición por defunción no municipio.
- Expedición da fe de vida e estado civil.
Dirección:
Casa Consistorial
Praza de España, 1, 3ª planta
15310 Teixeiro (Curtis, A Coruña)
Telf. 981 789 003 Ext. 39
Horario: de luns a venres, de 09:00 a 12.00 horas