banner narracion curta XIV

Comercio, Promoción e Desenvolvemento Económico

Curtis, como cabeceira natural de comarca e pola súa localización estratéxica, xogou desde sempre un papel clave de atracción comercial, que se incrementou durante o século XIX grazas á chegada do ferrocarril. Este papel perdurou no tempo e foi evolucionando a través das diferentes actividades e estruturas comerciais que se foron implantando de xeito progresivo no municipio.

No Concello existe unha interesante rede de pequenas e medianas empresas, cunhas 340 sociedades de alta, a maioría de servizos, e atópanse rexistrados máis de 150 locais que, xunto ás dúas feiras tradicionais que se organizan ao mes en Curtis e outras dúas en Teixeiro, son os eixos da vida comercial do municipio.

Dirección:
Casa Consistorial
Praza de España, 1
15310 Teixeiro (Curtis, A Coruña)
Telf. 981 789 003

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.