banner cultura 2019 1

Dinamización comercial

O Concello colabora estreitamente cos comerciantes para aumentar a súa competitividade, ofrecerlles ferramentas que lles axuden na súa actividade e para incentivar as compras no comercio e a hostalaría local.

Os obxectivos son os seguintes:
- Promoción a nivel comarcal, provincial e autonómico.
- Fomento do asociacionismo.
- Calidade e profesionalidade.
- Mellora da imaxe dos comercios.

Plataforma Comercute

O portal www.comercute.com creouse en 2010 para fomentar e promocionar o comercio e a hostalaría do municipio. No seu directorio están inscritas case 150 empresas, das cales 116 potenciaron as súas posibilidades cunha primeira presenza na rede a través de microsites deseñados para cada unha delas.

O proxecto foi finalista na primeira edición dos premios INNOVA G 2010, organizados pola Asociación Galega de Empresas TIC (Agestic), na categoría de 'Laboratorio Cidadán para o desenvolvemento rural baseado na innovación, a igualdade e o emprendimiento'.

Fomento do comercio local


Apoio e colaboración nas campañas desenvolvidas polas asociacións de comerciantes para fomentar o consumo no comercio e a hostalaría local en datas clave como o Nadal a través de publicidade, entrega de material, concursos e sorteos, entre outras iniciativas.

Promoción dos produtos gastronómicos


Co obxectivo de animar o comercio e á vez promocionar os produtos gastronómicos da zona, cada ano organízanse a Exaltación do Cogumelo e a Feira da Nabiza e o Queixo de Curtis. Ambas celebracións son xa unha cita obrigada no calendario de festas de Galicia.

 - Exaltación do Cogumelo

Cogumelosw
Os montes do municipio de Curtis ocultan centenares de variedades distintas de cogumelos e, cada ano, desde fai 17, o Concello celebra unha festa na que se exalta este exquisito produto local. Celébrase o último domingo do mes de outubro.

En colaboración cos comerciantes e hostaleiros, prepárase unha ruta para degustar o cogumelo preparado de diferentes maneiras. Ademais, organízanse saídas ao monte dirixidas por micólogos e impártense charlas nos colexios para explicar as propiedades e as distintas especies deste fungo.

- Feira da Nabiza e o Queixo de Curtis

quesonaviza
O municipio organiza tras o verán a ruta gastronómica da Nabiza e o Queixo de Curtis. Os dous produtos danse a man nunha perfecta maridaxe nos locais de hostalaría da zona, onde se poden degustar en diversidade de receitas.

A fama do noso queixo de tetilla remóntase ao século XIX, cando famosos investigadores como Lucas Labrada ou Pascual Madoz eloxiaron a feira do campo da Illana (Fisteus), onde se vendían os días 5 de cada mes, o que deu lugar a que durante moito tempo todos os queixos de teto fosen identificados directamente como queixos da Illana, segundo lembra na súa páxina web o Consello Regulador.

Apoio á formación

Co obxectivo de mellorar a preparación dos comerciantes, desde a área de Orientación Laboral organízanse para eles cursos, talleres e xornadas sobre innovación, escaparatismo e novas tecnoloxías, entre outros.

 

 

 

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.