Numeracion Curtis logos

Concellos Saúdables

BEGONTE, CURTIS E GUITIRIZ

 

Hoxe en día, os hábitos sociais marcan o estilo de vida da poboación, as longas xornadas laborais dos pais e nais obrigan a levar unha forma de vida sedentaria, sen apenas tempo de lecer, para adicalo á práctica deportiva e /ou física. Os hábitos da poboación en idade escolar están axudando a esquecer esos "xogos" que se realizaban cos compañeiros de forma diaria ao chegar á casa, sendo sustituidos polas consolas ou ordenadores. Os índices de práctica deportiva en idade escolar e adulta en instalacións públicas (piscinas , pavillóns, etc,.) e privadas (ximnasios) están baixando de forma considerable. Isto unido a unha alimentación que está marcada polo acelerado ritmo de vida, pode designarse como "non saudable".

Desta situación xurde por parte da Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Saúde Pública, a iniciativa de promover os proxectos de "Concellos Saudables", en colaboración e cofinanziación cos concellos, neste caso: Begonte, Curtis e Guitiriz; co fin de promover na poboación hábitos de vida saudable que melloren a saúde e calidade de vida.

O proxecto "Concellos Saudables", rematou o pasado 15 de novembro, consistiu en desenvolver actuacións en tres ámbitos:

 

Alimentación saudable: realizaronse importantes accións dirixidas a comedores escolares e restaurantes, tales como a valoración nutricional realizada por un técnico especialista en nutrición dos menús. Ademáis en tódolos cursos dos centros educativos de primaria e secundaria, impartironse obradoiros adicados á alimentación saudable: catas de frutas, bocadillos saudables, ensaladas saudables, oloquio de mitos da alimentación, almorzos saudables, conservación natural de alimentos, menú "Camiño Norte", etc.

 

Prevención: dirixido especialmente a poboación escolar dos institutos de secundaria, realízanse obradoiros informativos sobre os efectos negativos no organismo do alcohol, tabaco e drogas.

 

Actividade física: é un dos programas más amplios do proxecto. Nel desenvolveronse multitude de actividades deportivas dirixidas a tódalas idades, como poden ser: curso de golf, curso de tai-chi, curso de piraguismo, escola da espalda, ruta de sendeirismo, xogos tradicionais, curso de actividades acuáticas, valoración da condición física da poboación escolar, curso de taekwondo a alumnos dos CEIP, xornada de baile para maiores, etc.

Con este proxecto espérase que a poboación sea consciente da vital importancia que teñen os hábitos de vida saudables. Os concellos implicados tentarán de manter estas actividades en futuros anos, desta forma complementando as actividades municipais xa existentes e abarcando un maior abanico de idades, co fin de ofrecer unhos servicios municipais de calidade para os veciños.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.