Numeracion Curtis logos

Contorna xeográfica

O municipio limita ao norte cos concellos de Oza-Cesuras e Aranga, ao leste con Guitiriz (Lugo), ao sur con Sobrado e Vilasantar, e ao oeste con Mesía e Cesuras.

O concello esténdese ao longo dunha gran meseta no centro de Galicia, que se caracteriza por unha extensa superficie chaira e de suaves ondulacións, que se vai rompendo a media que nos situamos máis ao leste. A altitude media á que se atopa o municipio sitúase entre os 450 e 554 metros sobre o nivel do mar, sendo os puntos máis altos o Monte Enxameado, con 610 metros, ou as estribaciones da Serra da Cova da Serpe, en Santa María de Foxado, que supera os 640 metros. Outro cume é o monte da Graña, con 570 metros. Estas zonas montañosas dividen as tres concas hidrográficas deste territorio.

A paisaxe caracterízase, ademais, por unha densa rede de ríos e regachos que vertebran a zona. A maioría dos mesmos pertencen á rede hidrolóxica do río Mandeo, principal canle hídrico, que cruza o concello en dirección sur (Sobrado dos Monxes, onde nace) e abandónao en dirección norte (Aranga). Os seus principais afluentes son o Deo, o segundo caude hídrico en importancia, e o Mendo, no seu tramo final, preto da desembocadura. Unha pequena porcentaxe da rede hidrolóxica do termo municipal pertence á conca do Tambre.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.