Numeracion Curtis logos

Actividades

Clases e talleres
Ao longo do ano, os veciños do municipio, tanto nenos como adultos, divididos en grupos por idades, pódense inscribir en bailes de salón, talleres de manualidades, clases de informática e inglés, entre outras actividades.

Nadal Cultural
A programación vai dirixida especialmente aos nenos durante as súas vacacións de Nadal. Os máis pequenos poden ver obras de teatro, monicreques, actuacións de maxia e de conta-contos, así como de cinema e de talleres de manualidades.

Festa de Entroido
O Entroido vívese ao grande no municipio, con festas, baile, disfraces, moita diversión e unha gran participación veciñal. O Martes de Entroido, festa local, organízase un concurso de disfraces no que se reparten 1.700 euros en premios.

Día das Letras Galegas
Na defensa da lingua propia, o Concello centra as actividades polo Día das Letras Galegas nos colexios, organizando actividades educativas e de animación á lectura.

Premio Narración Curta
Con máis de dez anos de vida, o obxectivo deste certame é promocionar as letras galegas. En cada edición, o premio céntrase nunha temática diferente.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.