banner nadal 17

Emprego e Formación

Servizo de Orientación Laboral

banner servizo de orientacion laboralO Concello de Curtis dispón dun servizo de orientación laboral, financiado pola Consellería de Economía Emprego e Industria, que tamén atende aos municipios limítrofes de Vilasantar e Sobrado. Os destinatarios das súas accións son todos os demandantes de traballo inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia, ben cando o soliciten expresamente na oficina de emprego, ou ben cando o demanden á propia orientadora laboral.

Funcións do servizo

a) Diagnóstico individualizado e elaboración do perfil ocupacional da persoa demandante de emprego.

b) Deseño do itinerario personalizado para o emprego.

c) Acompañamento personalizado no desenvolvemento do itinerario e o cumprimento do compromiso de actividade

d) Deseño, planificación e execución de accións grupales de orientación laboral.

e) Asesoramento e axuda técnica adicional para:

1º. A definición do seu currículo.

2º. A aplicación de técnicas para a procura activa de empleo.

f) Información e asesoramento adicional sobre:

1º. A situación do mercado de traballo e as políticas activas de emprego que poidan resultarlles de utilidade ás persoas demandantes de emprego para incrementar as súas posibilidades de empregabilidade.

2º. A oferta formativa e os programas que faciliten a mobilidade para a formación e cualificación europeas.

3º. A posta en marcha de proxectos emprendedores ou de emprego autónomo, así como os recursos de apoio de todo tipo dispoñibles na súa contorna para un asesoramento ou acompañamento máis especializado.

g) Apoio á xestión da mobilidade laboral.

Formación
Este servizo tamén organiza actividades de formación (cursos, xornadas e talleres) encamiñadas a actualizar coñecementos e mellorar actitudes profesionais.

Dirección:
Casa Consistorial
Praza de España, 1
15310 Teixeiro (Curtis, A Coruña)
Telf. 981 789 003  Ext. 37
Correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.