banner cultura 2019 1

AXUDA GALICIA RURAL EMPRENDE 2019

Ayudas del igape para novos emprendedores, cofinanciadas por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional, en el marco del programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Requiistos: 

- Non ter comezado o proxecto empresarial antes da súa solicitude. 

- Presentar un custo subvencionable entre 25.000 - 500.000 euros. 

- A empresa deberá estar localizada en Galicia. 

Bases da convocatoria: Aquí

Máis información: Servizo de Orientación Laboral. 

PROGRAMA EMPREGA MULLER

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publicou un programa de axudas para a contratación de mulleres por conta allea. Prazo aberto ata o 30/09/19

Información da convocatoria: Aquí

SUBVENCIÓNS PARA A ARTESANÍA GALEGA

No BOP Núm. 60 do día 27 de marzo de 2019 publicáronse as subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán. 

Máis información: Aquí

PROXECTO TRANSFORMAR

A Fundación Lonxanet a través do seu Proxecto TransForMar desenvolve un proxecto dirixido aquelas persoas que están pensando en crear unha empresa.

O Proxecto TransforMar en Galicia e Asturias vai seleccionar a 29 persoas emprendedoras da economía azul con impacto social e incidencia positiva no mar, como iniciativa que busca favorecer a innovación en modelos de negocio respetuosos co ecosistema mariño.

TODA A INFORMACIÓN NO ENLACE: http://www.fundacionlonxanet.org/transformar/

Os proxectos seleccionados recibirán un apoio integral ao emprendemento (modelo de negocio, marketinge comercialización, xestión económica e financeira e comunicación), con sesións de acompañamento individual presencial e online no proceso de desenvolvemento da empresa durante o primeiro ano e acciones de innovación social que aposten polo arraigo dos proxectos no territorio.

#TransforMar forma parte do programa #empleaverde, promovido pola Fundación Biodiversidad (F.S.P.) do Ministerio para a Transición Ecolóxica, ademais ao enmarcarse na temática Empleazul, contribuirá aos obxectivos do proxecto Intemares. A Fundación Biodiversidade actúa como Organismo Intermedio do Programa Operativo Emprego, Formación e Educación (POEFE) do Fondo Social Europeo (FSE).

INFORMACIÓN: Irene Estévez Souto, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou Miriam Montero, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Teléfono 881 87 87 60. Móbil 690 81 67 85.

A DEPUTACIÓN CONVOCA AS AXUDAS DO PEL 2019 Á CONTRATACIÓN E O EMPRENDEMENTO

O Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña destinará durante 2019 un orzamento de 5,26 millóns de euros para apoiar ás pequenas e medianas empresas da provincia na contratación de novos traballadores e traballadoras e para apoiar aos emprendedore/as da provincia no impulso ás iniciativas empresariais da recente creación.

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe 6/3/19 as bases das liñas de subvencións PEL- PEMES e PEL-EMPRENDE 2019. Tipos de liñas:

- Inversión: Para que os autónomos e empresas poidan realizar inversións nas súas empresas. O porcentaxe máximo a conceder é do 80% sobre o presuposto presentado ata un máximo de 20.000 euros. Máis info. Aquí

- Contratación e Mantemento de Persoal nas empresas. Máis info. Aquí e Aquí

- Actividades (Responsabilidad Social Empresarial, Marketing e Comunicación e Competitividade de Expansión). Máis info. Aquí

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.