Numeracion Curtis logos

Entrepreneurs Startup Café

Con motivo da Startup Europe Week e do Día Internacional da Muller a Deputación da Coruña organiza o evento “Entrepreneurs Startup Café”, enmarcado dentro da liña 4 do Plan de Emprego Local (PEL).

Esta semana europea é un acontecemento impulsado pola Comisión Europea para fortalecer o ecosistema emprendedor no ámbito rexional e local que desde o 5 ata o 9 de marzo de 2018 unirá a máis de 300 cidades europeas participantes para axudar ás emprendedoras e emprendedores e amosarlles os recursos dos que dispoñen.

“Entrepreneurs Startup Café” terá lugar o vindeiro 7 de marzo ás 10:00 horas no salón Cunqueiro do hotel NH A Coruña Atlántico, avenida do Porto da Coruña, 4. Neste evento gratuíto 30 emprendedoras e emprendedores da provincia recibirán información sobre as axudas ao emprendemento do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña, terán ocasión de escoitar a Isidro Laso, director de Startup Europe na Comisión Europea, recibirán os consellos de Antonio Hyder, director de investigación de Hackers & Founders (California, EEUU) e terán ocasión de compartir un café con emprendedoras de éxito da nosa provincia como María Hermo, cofundadora de Galejobs; Victoria Mariño, cofundadora da consultoría Gálica; Isabel Caamaño, fundadora e directora creativa en Mr. Ce e Noemí Bellas, CEO e fundadora de Líbolis, escuela de valientes.

As inscricións realizaranse a través do seguinte enlace e respetarase a orde de entrada: Aquí

Pode atopar máis información na web do evento e no facebook do Plan de Emprego Local.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.