Numeracion Curtis logos

PROXECTO TRANSFORMAR

A Fundación Lonxanet a través do seu Proxecto TransForMar desenvolve un proxecto dirixido aquelas persoas que están pensando en crear unha empresa.

O Proxecto TransforMar en Galicia e Asturias vai seleccionar a 29 persoas emprendedoras da economía azul con impacto social e incidencia positiva no mar, como iniciativa que busca favorecer a innovación en modelos de negocio respetuosos co ecosistema mariño.

TODA A INFORMACIÓN NO ENLACE: http://www.fundacionlonxanet.org/transformar/

Os proxectos seleccionados recibirán un apoio integral ao emprendemento (modelo de negocio, marketinge comercialización, xestión económica e financeira e comunicación), con sesións de acompañamento individual presencial e online no proceso de desenvolvemento da empresa durante o primeiro ano e acciones de innovación social que aposten polo arraigo dos proxectos no territorio.

#TransforMar forma parte do programa #empleaverde, promovido pola Fundación Biodiversidad (F.S.P.) do Ministerio para a Transición Ecolóxica, ademais ao enmarcarse na temática Empleazul, contribuirá aos obxectivos do proxecto Intemares. A Fundación Biodiversidade actúa como Organismo Intermedio do Programa Operativo Emprego, Formación e Educación (POEFE) do Fondo Social Europeo (FSE).

INFORMACIÓN: Irene Estévez Souto, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou Miriam Montero, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Teléfono 881 87 87 60. Móbil 690 81 67 85.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.