Numeracion Curtis logos

PROGRAMA PROFESIONAIS 4.0 - INCORPORACIÓN DE NOVOS TITULADOS A ACTIVIDADES DE MELLORA COMPETITIVA DAS EMPRESAS (2019)

O DOG do pasado 6 de agosto publicou a RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2019 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape para a incorporación de novos titulados a actividades de mellora competitiva das empresas (programa Profesionais 4.0), cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG502A).

Esta convocatoria financia a contratación, a tempo completo, con carácter indefinido ou cunha duración mínima de 12 meses, titorizada e con garantías de formación, de novos titulados universitarios e de FP ás empresas ou a outras entidades de soporte, para realizar traballos que melloren as capacidades do tecido empresarial. A retribución salarial anual bruta que percibirá cada persoa contratada non será inferior a 19.000 euros.

Os profesionais a contratar deben cumprir os seguintes requisitos:

- Idade entre os 18 e os 35 anos.
- Titulación que acredite un nivel EQF (marco europeo de cualificacións) 5 ou superior: titulación universitaria (grao/diplomatura ou superior) ou título de técnico superior de formación profesional ou equivalente. No caso de títulos expedidos por centros estranxeiros, deben estar homologados en España.
- Experiencia non superior a 24 meses no grupo de cotización á Seguridade Social correspondente á súa titulación. A efectos destas bases consideraranse grupos de cotización correspondentes á titulación os 1 e 2 no caso das persoas con titulación universitaria e os 3 e 5 no caso das persoas con titulación de formación profesional.
- Estar dados de alta coma demandantes de emprego (ou demandantes de mellora de emprego) no Servicio Público de Emprego.
- Non ter sido contratado anteriormente pola entidade solicitante.
- Non ter vínculos de parentesco (cónxuxe, ascendentes, descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive) cos cargos de dirección ou membros dos órganos de administración do solicitante ou das súas empresas vinculadas.

Para poder ser contratadas, ademais de estar inscritas como demandantes de emprego (ocupadas ou non), as persoas interesadas deberán rexistrarse na base de datos de Profesionais 4.0 do Igape, dispoñible AQUÍ, e completar unha serie de datos curriculares.

O prazo de presentación de solicitudes das empresas e organismos interesados en esta convocatoria finaliza o vindeiro 7 de outubro. Máis información facendo clic AQUÍ

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.